O Equipo Basketmi Ferrol ven de renovar un ano máis o patrocinio da Fundación Deporte Galego. E un orgullo para nos lucir esta publicidade por toda a xeografía nacional.
Estivemos dende o primeiro plan coa Fundación e os diferentes patrocinadores. Somos un dos equipos BSR que patrocinan.
Antecedentes:
A Fundacion Deporte Galego e unha entidade de natureza fundacional do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrita ao Protectorado da Conselleria de Presidencia, Administracions Publicas e Xustiza.
Conforme aos seus Estatutos, a Fundación ten por obxecto a promoción e incentivo do deporte e da práctica deportiva en Galicia, en cuxa consecución esta capacitada para a realización directa de actuacións e programas, ou en colaboración con institucións e empresas, tanto públicas como privadas.
Entre os seus fins e segundo o artigo 6. dos seus estatutos a Fundación asume:
- a) “O fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia”.
- b) “Realización de actividades encaminadas a captación de recursos e ao estímulo do mecenado das entidades e institucións para o apoio do deporte e dos/as deportistas galegos/as, así como tamén a realización de actividades dirixidas a involucrar os medios de comunicación no proceso de divulgación e promoción da actividade física, do deporte e dos/as deportistas galegos/as”.
- c) “Realización de patrocinios, outorgamento de becas e concesión de axudas no ámbito dos seus fins”.
Na consecución destes obxectivos fundacionais, a Fundación pon en marcha a XIII Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de alta competición de Galicia, neste caso, para a tempada 2021/2022 – 1a Fase co código de procedemento PR960A.
Destinado a entidades galegas que conten con equipos onde as xornadas da sua competición se desenvolvan en 2021 e 2022. Esta iniciativa, que comezou na tempada 2009/2010 logrou captar a atención dalgunhas das máis reconecidas e prestixiosas empresas galegas como soporte publicitario para dar a conecer a sua marca e os seus produtos. Tal foi o caso de Abanca Corporación Bancaria S.A. (ABANCA), unha entidade que opera no sector financeiro e bancario, con gran tradición e arraigamento no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que se incorporou como patrocinadora deste plan no ano 2015.
Tras tempadas de traballo, logrando dos clubs un grande retorno publicitario en todo o territorio galego, estatal e incluso a nivel internacional, cunha presenza permanente da imáxe deste Plan de Patrocinio nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, incorporase nesta convocatoria a Axencia Turismo de Galicia-Xacobeo.